viernes, 11 de febrero de 2022

OS NOSOS BANCAIS



 



Este ano iniciamos a nosa andaina nos bancais do colexio plantando berzas . É un proceso longo que comeza ca recollida da semente das plantas do ano anterior. Tal e como se pode ver na fotografía na parte superior da planta aparecen unhas vainas estreitas nas cales está a semente. 





Preparamos a terra. Este ano o alumnado non o fixo porque a época de sementar foi anterior ao comezo do curso. Débese facer na última semana de agosto cando a Lúa está na fase decrecente.





Sementamos e fertilizamos a terra e despois das primeira chuvias comezan a saír as primeiras plantas.





A medida que pasan as semanas as plantas van medrando. Este foi o estado das mesmas cando chegou o alumnado ao centro ao principio do curso. 



Un mes despois de sementar xa comezan a coller forza as nosas plantas.




Pasados uns meses xa podemos  plantar a horta. O primeiro é escoller as mellores plantas e eliminar todo o que non nos faga falta.

















Cando xa teñamos todo limpo xa podemos plantar as coles máis grandes para poder ter unha boa horta.



                          







martes, 8 de febrero de 2022

lunes, 1 de noviembre de 2021

SAMAÍN - CONXURO PARA APROBAR

 

CONXURO PARA APROBAR

 

NENOS, NENAS, MESTRES E MESTRAS. AXUDANTES, COCIÑEIROS E COCIÑEIRAS, SEÑORAS DA LIMPEZA E ESPÍRITOS DAS NEVOADAS VEIGAS.

PORCOS, CHURRAS E BECERRAS, FEITIZOS DAS GANDEIRAS. POBRES CABAZAS FURADAS, FOGAR DOS VERMES E ALIMAÑAS.

LUME DO FORNO DE JOSÉ LUIS, MAL DE OLLO DE JULIO, NEGROS MEIGALLOS, CHEIRO DOS MORTOS, TRONOS E RAIOS.

OUVEO DO LOBO, PREGÓN DA MORTE, FOCIÑO DO PORCO E PÉ DE COELLO.

PECADORA GALIÑA CASADA CO VELLO RAPOSO. AVERNO DO COLEXIO DO MESÓN DO VENTO.

LUME DAS CACHARELAS DE SAN XOÁN, PEIDOS CHEIRENTOS DOS CUS, RUXIDO DOS NENOS E NENAS AOS QUE MORDEU UN CAN.

BARRIGA DO GORDO DO DEMO E DOS GATOS QUE ANDAN NA CANCELA.

POBRES DOS NENOS DO COLEXIO QUE ESTÁN MIRANDO POLA XANELA.

CON ESTE CONXURO LEVANTAREI AS ALMAS DOS NOSOS ANTIGOS AMIGOS QUE FORON A ESO

E FUXIRÁN TODAS AS BRUXAS CO MEDO AO FEO ALUMNADO DE SEXTO.

0ÍDE, OÍDE! OS RUÍDOS INFERNAIS DOS CHEIRENTOS BAÑOS E ABRIDE AS  VENTÁS PARA QUE ENTREN OS ESPÍRITOS ESTRAÑOS.

FORZAS DO AR, TERRA, MAR E LUME, A VÓS FAGO ESTA CHAMADA.

SI É VERDADE QUE TENDES MÁIS PODER QUE OS MESTRES E MESTRAS DO MESÓN DO VENTO

FACEDE QUE OS ESPÍRITOS DOS NOSOS ANTIGOS AMIGOS NOS APROBEN A TODOS E NOS DEIXEN PARTIR SEN MÁIS MIRAMENTO.

 

martes, 22 de junio de 2021

TAREFAS PARA O VERÁN

 

TAREFAS PARA O VERÁN

 

 

-          Ler antes de ir para a cama 15 a 20 minutos ou durante calquera momento do día.

-       Intentar resumir o que se vai lendo por capítulos ou apartados. Utilizade unha libreta pequena ou axenda para facelo.

-          Facer 1 ou 2 divisións coas súas correspondentes probas todos os días.

-      Facer todos os días (de luns a venres) 2 fichas a escoller de todas as propostas que aparecen nos seguintes enlaces. Unha de matemáticas e outra de lingua galega ou lingua castelá.

  

https://safaquinto.wordpress.com/actividades-para-repasar-en-verano/


https://www.educa2.madrid.org/web/recursosquintoprimaria/cuadernillos-verano


 https://mestreacasa.gva.es/web/manes_mil/24


https://www.colegiosanagustin.net/actividades-verano-primaria/


https://www.orientacionandujar.es/2014/06/18/recuperacion-verano-primaria-5o-y-6o-recopilacion-de-materiales-repaso/

En galego.

 https://www.primaria5atlantico.blogsek.es/tag/lingua-galega/

                                                    

                                                                        XOGOS

Repasando con xogos interactivos.

http://roble.pntic.mec.es/arum0010/


http://www.cristic.com/5o-y-6o-de-primaria/


https://vedoque.com/sec.php?s=2



Blog para sexto, pero moitos exercicios son de 5º.

https://luisamariaarias.wordpress.com/



Estes enlaces ao longo das vacacións poden aumentar para ter máis opcións.

 

O fin de semana é para descansar. As tarefas son opcionais. Ninguén está obrigado a facelas.

AMORODOS 2024 - 25

 Seguimos a cultivar amorodos. Este ano só teremos que limpiar e preparar os plantados o ano pasado. Tamén teremos que abonalos para que med...