lunes, 1 de noviembre de 2021

SAMAÍN - CONXURO PARA APROBAR

 

CONXURO PARA APROBAR

 

NENOS, NENAS, MESTRES E MESTRAS. AXUDANTES, COCIÑEIROS E COCIÑEIRAS, SEÑORAS DA LIMPEZA E ESPÍRITOS DAS NEVOADAS VEIGAS.

PORCOS, CHURRAS E BECERRAS, FEITIZOS DAS GANDEIRAS. POBRES CABAZAS FURADAS, FOGAR DOS VERMES E ALIMAÑAS.

LUME DO FORNO DE JOSÉ LUIS, MAL DE OLLO DE JULIO, NEGROS MEIGALLOS, CHEIRO DOS MORTOS, TRONOS E RAIOS.

OUVEO DO LOBO, PREGÓN DA MORTE, FOCIÑO DO PORCO E PÉ DE COELLO.

PECADORA GALIÑA CASADA CO VELLO RAPOSO. AVERNO DO COLEXIO DO MESÓN DO VENTO.

LUME DAS CACHARELAS DE SAN XOÁN, PEIDOS CHEIRENTOS DOS CUS, RUXIDO DOS NENOS E NENAS AOS QUE MORDEU UN CAN.

BARRIGA DO GORDO DO DEMO E DOS GATOS QUE ANDAN NA CANCELA.

POBRES DOS NENOS DO COLEXIO QUE ESTÁN MIRANDO POLA XANELA.

CON ESTE CONXURO LEVANTAREI AS ALMAS DOS NOSOS ANTIGOS AMIGOS QUE FORON A ESO

E FUXIRÁN TODAS AS BRUXAS CO MEDO AO FEO ALUMNADO DE SEXTO.

0ÍDE, OÍDE! OS RUÍDOS INFERNAIS DOS CHEIRENTOS BAÑOS E ABRIDE AS  VENTÁS PARA QUE ENTREN OS ESPÍRITOS ESTRAÑOS.

FORZAS DO AR, TERRA, MAR E LUME, A VÓS FAGO ESTA CHAMADA.

SI É VERDADE QUE TENDES MÁIS PODER QUE OS MESTRES E MESTRAS DO MESÓN DO VENTO

FACEDE QUE OS ESPÍRITOS DOS NOSOS ANTIGOS AMIGOS NOS APROBEN A TODOS E NOS DEIXEN PARTIR SEN MÁIS MIRAMENTO.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

FIN DE PRIMARIA

 Deséxovos un bo verán. Grazas por ser un grupo tan especial.