jueves, 17 de febrero de 2022

0S NOSOS AMORODOS (Segundo ano)

 Seguimos mimando os nosos amorodos para poder degustar o seu incrible sabor. Pero temos que facer unha pequena limpeza e preparalos para que poidan seguir dando o froito que tanto desexamos.














UNS MESES MÁIS TARDE OS NOSOS AMORODOS XA COMEZAN A DAR FROITOS OUTRA VEZ. QUE RICOS ESTÁN!















viernes, 11 de febrero de 2022

OS NOSOS BANCAIS



 



Este ano iniciamos a nosa andaina nos bancais do colexio plantando berzas . É un proceso longo que comeza ca recollida da semente das plantas do ano anterior. Tal e como se pode ver na fotografía na parte superior da planta aparecen unhas vainas estreitas nas cales está a semente. 





Preparamos a terra. Este ano o alumnado non o fixo porque a época de sementar foi anterior ao comezo do curso. Débese facer na última semana de agosto cando a Lúa está na fase decrecente.





Sementamos e fertilizamos a terra e despois das primeira chuvias comezan a saír as primeiras plantas.





A medida que pasan as semanas as plantas van medrando. Este foi o estado das mesmas cando chegou o alumnado ao centro ao principio do curso. 



Un mes despois de sementar xa comezan a coller forza as nosas plantas.




Pasados uns meses xa podemos  plantar a horta. O primeiro é escoller as mellores plantas e eliminar todo o que non nos faga falta.

















Cando xa teñamos todo limpo xa podemos plantar as coles máis grandes para poder ter unha boa horta.



                          







martes, 8 de febrero de 2022

AMORODOS

 UN ANO MÁIS SEGUIMOS COA NOSA PLANTACIÓN DE AMORODOS. ESPEREMOS TER OS MESMOS RESULTADOS QUE EN ANOS ANTERIORES!