sábado, 1 de julio de 2023

AS NOSAS EXPOSICIÓNS


 O alumnado de 5º decidiu facer unha exposición sobre temas moi variados. Esperamos que vos gusten.











O DE LUCAS, HUGO GÓMEZ E ANDRÉS TEREMOS QUE ESPERAR UN POUCO MÁIS!









miércoles, 15 de marzo de 2023

domingo, 12 de marzo de 2023

ADIVIÑAS


CANDELA



LUCAS


DANIEL


ANDRÉS



NICOLÁS


ALMA



AINOA GESTAL SONEIRA


HUGO GÓMEZ



DANIELA


AINOA GÓMEZ TABOADA


HUGO UZAL




VÍCTOR 






















 

lunes, 6 de marzo de 2023

DESCRICIÓN DA PAISAXE

 

DESCRICIÓN  DA PAISAXE

 




 

                                          

 

A imaxe é unha paisaxe de costa. Ao lonxe vese unha praia, con casas de campo. Tamén vexo rochas de gran tamaño esparexidas polo mar. O mar está bastante calmo. A cor do mar é bastante escura, pero pola contra na costa apréciase certa claridade. A cor do ceo é claro, pero con nubes grandes. Ao lonxe, vexo un monte.

Vexo dous barcos veleiros, case na costa. Parece un lugar agradable, para visitar un fin de semana en familia, tamén con amigos; para pasear.

 

Gustaríame ter unha casa aló !!!

 

 

 

 

 

 

 

                                                                                          DANIELA ._.

 

 

 

 

 

DESCRICIÓN  DE PAISAXE

 


 

Eu creo que esta paisaxe é unha paisaxe de costa. Nesta paisaxe predominan as cores,  marrón e azul. No primeiro plano pódense ver unhas rochas e ao fondo vexo dous barcos de vela, unha aldea e unha praia. Como podemos observar o ceo vese claro con algunhas nubes, o Sol está a brillar, pero non moito .

Esta paisaxe é preciosa!

 

Eu iría coa a miña familia ou cos meus amigos, xa que parece un sitio agradable e relaxante.

 

                                                                                                         

 

 

Ainoa Gestal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Descrición da paisaxe

 

 



 

Ría Galega

 

É unha paisaxe de costa, rochosa e onde hai unha gran ría. En primeiro plano obsérvase o mar calmo e claro, cada vez máis escuro segundo nos imos afastando. Ao lonxe, pódense avistar dous veleiros e un encantador pobo. Parece  agradable, un lugar para o ocio e o lecer.

Tamén vexo moita vexetación e uns montículos moi agradables á vista. Gustaríame estar alí¡¡¡¡

É un día solleiro, un chisqueiro anubrado, pero non parece que vaia a chover. Ao lado do pobo podo avistar o que asemella ser unha praia. Iría unha fin de semana coa miña familia ou cos meus amigos.

 

É preciosa!!!

 

                                                                                                                                 Andrés 

 

 

 

 

 

 

 

Descrición da paisaxe

 



 

Eu vexo unha paisaxe de praia, pero non ten area, se non que ten rochas. Tamén se aprecian dous veleiros con velas brancas con forma triangular. Ao fondo vexo unha cidade e pequenos acantilados. E detrás da cidade hai unhas poucas árbores.

A dereita da imaxe obsérvase outra praia. É un moi bo lugar para relaxarse!!!

Eu iría ca miña familia a nadar e dar paseos pola area.     

 

                                                                         LUCAS CAMPELO VARELA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Descrición paisaxe

 


 


É unha paisaxe de costa. Nela pódense ver dous veleiros e unhas casiñas ao fondo.

É un día solleiro con moi poucas nubes. O mar está calmo. A dereita, no fondo da imaxe, apréciase unha praia. Tamén podemos ver que hai montañas e un bosque moi grande. Para min ese lugar é moi bonito para ir merendar ou para ir coller rochas.

Segundo unha lenda, os romanos chocaron nun barco contra as rochas que se poden ver na imaxe. Pobres romanos!

                                                                             Yago Sánchez Gómez

 

 

 

 

 

 

 

DESCRICIÓN PAISAXE

 



 

 

A paisaxe que estou vendo é unha paisaxe de costa. Podemos observar dous veleiros. En primeiro plano vense unhas rochas. Ao fondo apreciamos unha pequena praia xunta unha aldea. Ademais ao lonxe tamén ollamos bastante vexetación. O ceo está un chisco

anubrado, pero non tanto coma para unha tormenta. A min sinceramente paréceme un sitio bastante agradable para relaxarme coa miña familia ou amigos.

 

                                                                                                                       Ainoa Gómez Taboada

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Descrición de paisaxe

 



 

 

Podemos observar unha ría galega con algo de vexetación ao fondo. O ceo está claro con algunhas nubes. Unha ría con rochas, e con dous veleiros desfrutando dese marabilloso clima. Unha gran parte da imaxe está ocupada polo mar e o terreo do fondo está un chisco elevado. Ao lonxe vexo unha praia para poder pasar un día caloroso coa familia, cos amigos...

É unha ría fermosa e segura. Está ben situada. Recoméndovos ir.

                                                              

 

                                                                                                                           Marina B.L.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Descrición de paisaxe

 



 

 

É unha das rías galegas. É unha paisaxe de costa. O mar está calmeiro e vense dous veleiros.  Ao lonxe vexo unha praia que ten rochas e varios montes. Vexo tamén unha cidade con bastantes casas, edificios... Podemos apreciar ao fondo a cor verde da vexetación. O ceo está azul e aprécianse algunhas nubes. Paréceme un fantástico lugar para merendar cos amigos, familia ...

 

                                                                                                                                         Víctor

                              

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DESCRICIÓN PAISAXE

 

 



 

Penso que a imaxe é unha ría. A cor principal é a azul, hai bastantes rochas e ao lonxe, pódese ver algo de vexetación, dous barcos de vela e tamén hai uns cantos edificios.

O ceo ten varias nubes, pero está bastante claro. Non se ven persoas, pero hai sinais de vida humana. Hai unhas montañas ao fondo. Tamén parece haber unha praia; e semella ser un lugar moi tranquilo.

Eu aproveitaría o día e iría alí de inmediato, a pescar, pasear e ata incluso tomar o Sol e mergullarme na auga.

                                                                                                                                             

 

                                                                                                                                                                                                                                                                 NICOLÁS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DESCRICIÓN DE PAISAXE

 


 


 

Na imaxe vense as tranquilas praias rochosas desta ría. Pódense ver dous veleiros. Ao fondo hai unha pequena vila cun monte detrás. Tamén vexo aló ao fondo unha praia de area, aínda que non hai xente; é un gran lugar!

Gustaríache  estar alí, asegúrocho.                    

                                                                Hugo Uzal.  :)

 

 

 

 

 

 

 

 

DESCRICIÓN DE PAISAXE

 


 

A paisaxe que vexo é unha paisaxe de costa. O primeiro que se ve son unhas rochas marróns algo alaranxadas. Vese o mar e algúns veleiros. É un día solleiro aínda que as nubes poden tapar o Sol nalgún momento. O mar está calmo e claro, pero vai escurecendo pouco a pouco ao lonxe. Ao fondo pódense ver unhas casas de campo con algún monte e unha praia de area. Esta praia é un bo sitio para pasar o día cos amigos ou ca familia, ademais hai moi boas vistas.

 Eu iría alí !                                                                                          ALMA

 

 

 

 

 

 

 

 

Descrición paisaxe

 


 

Nesta paisaxe vese o mar calmeiro e dous veleiros navegando polas súas augas. Ao fondo hai unha vila. Nela hai varias casas, uns edificios e algúns hórreos. Tamén se poden ver varios montes. Preto do mar hai unha praia con moitas rochas. O ceo está solleiro aínda que hai algunha nube. É unha zona de costa con algúns acantilados. A cor principal é a azul. A paisaxe é alegre.

Sería un bo sitio para pasar un día coa familia. Parece un sitio moi chulo. Gústame moito. A miña puntuación é de 5 estrelas.

                                                                                                     Daniel Candal Sampedro.   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DESCRICIÓN DE PAISAXE

 


 

 

É unha paisaxe de mar. Ten rochas de gran tamaño e de cor marrón escuro. Hai unha cor azul escura no mar, pero pola costa, vese o mar cunha cor máis clara. Ao lonxe pódense observar un pobo, unhas nubes de gran tamaño e tamén árbores nas montañas. Parece verán, ou primavera, cun día solleiro moi agradable. Hai dous veleiros, non moi lonxe un do outro, preto dunha praia que case non se ve.

É fermoso!!!

 

                                            HUGO. G. F

 

 

 

AMORODOS

 UN ANO MÁIS SEGUIMOS COA NOSA PLANTACIÓN DE AMORODOS. ESPEREMOS TER OS MESMOS RESULTADOS QUE EN ANOS ANTERIORES!