DESCRICIÓN DA PAISAXE
A imaxe é unha paisaxe
de costa. Ao lonxe vese unha praia, con casas de campo. Tamén vexo rochas de
gran tamaño esparexidas polo mar. O mar está bastante calmo. A cor do mar é bastante
escura, pero pola contra na costa apréciase certa claridade. A cor do ceo é
claro, pero con nubes grandes. Ao lonxe, vexo un monte.
Vexo dous barcos
veleiros, case na costa. Parece un lugar agradable, para visitar un fin de
semana en familia, tamén con amigos; para pasear.
Gustaríame ter unha casa
aló !!!
DANIELA ._.
DESCRICIÓN DE PAISAXE
Eu creo
que esta paisaxe é unha paisaxe de costa. Nesta paisaxe predominan as
cores, marrón e azul. No primeiro plano
pódense ver unhas rochas e ao fondo vexo dous barcos de vela, unha aldea e unha
praia. Como podemos observar o ceo vese claro con algunhas nubes, o Sol está a
brillar, pero non moito .
Esta
paisaxe é preciosa!
Eu iría
coa a miña familia ou cos meus amigos, xa que parece un sitio agradable e
relaxante.
Ainoa Gestal
Descrición
da paisaxe
Ría Galega
É unha paisaxe de
costa, rochosa e onde hai unha gran ría. En primeiro plano obsérvase o mar calmo
e claro, cada vez máis escuro segundo nos imos afastando. Ao lonxe, pódense
avistar dous veleiros e un encantador pobo. Parece agradable, un lugar para o ocio e o lecer.
Tamén vexo moita
vexetación e uns montículos moi agradables á vista. Gustaríame estar alí¡¡¡¡
É un día solleiro,
un chisqueiro anubrado, pero non parece que vaia a chover. Ao lado do pobo podo
avistar o que asemella ser unha praia. Iría unha fin de semana coa miña familia
ou cos meus amigos.
É preciosa!!!
Andrés
Descrición da paisaxe
Eu vexo unha
paisaxe de praia, pero non ten area, se non que ten rochas. Tamén se aprecian dous
veleiros con velas brancas con forma triangular. Ao fondo vexo unha cidade e
pequenos acantilados. E detrás da cidade hai unhas poucas árbores.
A dereita da imaxe
obsérvase outra praia. É un moi bo lugar para relaxarse!!!
Eu iría ca miña
familia a nadar e dar paseos pola area.
Descrición paisaxe
É unha paisaxe de costa. Nela pódense ver dous veleiros e
unhas casiñas ao fondo.
É un día solleiro con moi poucas nubes. O mar está calmo. A
dereita, no fondo da imaxe, apréciase unha praia. Tamén podemos ver que hai
montañas e un bosque moi grande. Para min ese lugar é moi bonito para ir merendar
ou para ir coller rochas.
Segundo unha lenda,
os romanos chocaron nun barco contra as rochas que se poden ver na imaxe.
Pobres romanos!
DESCRICIÓN
PAISAXE
A paisaxe que estou
vendo é unha paisaxe de costa. Podemos observar dous veleiros. En primeiro
plano vense unhas rochas. Ao fondo apreciamos unha pequena praia xunta unha
aldea. Ademais ao lonxe tamén ollamos bastante vexetación. O ceo está un chisco
anubrado, pero non
tanto coma para unha tormenta. A min sinceramente paréceme un sitio bastante
agradable para relaxarme coa miña familia ou amigos.
Ainoa
Gómez Taboada
Descrición
de paisaxe
Podemos observar
unha ría galega con algo de vexetación ao fondo. O ceo está claro con algunhas nubes.
Unha ría con rochas, e con dous veleiros desfrutando dese marabilloso clima.
Unha gran parte da imaxe está ocupada polo mar e o terreo do fondo está un
chisco elevado. Ao lonxe vexo unha praia para poder pasar un día caloroso coa
familia, cos amigos...
É unha ría fermosa
e segura. Está ben situada. Recoméndovos ir.
Marina B.L.
Descrición
de paisaxe
É unha das rías
galegas. É unha paisaxe de costa. O mar está calmeiro e vense dous
veleiros. Ao lonxe vexo unha praia que
ten rochas e varios montes. Vexo tamén unha cidade con bastantes casas,
edificios... Podemos apreciar ao fondo a cor verde da vexetación. O ceo está
azul e aprécianse algunhas nubes. Paréceme un fantástico lugar para merendar
cos amigos, familia ...
Víctor
DESCRICIÓN
PAISAXE
Penso que a imaxe é
unha ría. A cor principal é a azul, hai bastantes rochas e ao lonxe, pódese ver
algo de vexetación, dous barcos de vela e tamén hai uns cantos edificios.
O ceo ten varias
nubes, pero está bastante claro. Non se ven persoas, pero hai sinais de vida
humana. Hai unhas montañas ao fondo. Tamén parece haber unha praia; e semella ser
un lugar moi tranquilo.
Eu aproveitaría o
día e iría alí de inmediato, a pescar, pasear e ata incluso tomar o Sol e
mergullarme na auga.
NICOLÁS
DESCRICIÓN
DE PAISAXE
Na imaxe vense as tranquilas praias rochosas desta ría. Pódense
ver dous veleiros. Ao fondo hai unha pequena vila cun monte detrás. Tamén vexo
aló ao fondo unha praia de area, aínda que non hai xente; é un gran lugar!
Gustaríache estar alí, asegúrocho.
Hugo Uzal. :)
DESCRICIÓN DE
PAISAXE
A paisaxe que vexo é unha paisaxe de costa. O primeiro que se ve
son unhas rochas marróns algo alaranxadas. Vese o mar e algúns veleiros. É un
día solleiro aínda que as nubes poden tapar o Sol nalgún momento. O mar está
calmo e claro, pero vai escurecendo pouco a pouco ao lonxe. Ao fondo pódense
ver unhas casas de campo con algún monte e unha praia de area. Esta
praia é un bo sitio para pasar o día cos amigos ou ca familia, ademais hai moi
boas vistas.
Eu iría alí ! ALMA
Descrición paisaxe
Nesta paisaxe vese
o mar calmeiro e dous veleiros navegando polas súas augas. Ao fondo hai unha
vila. Nela hai varias casas, uns edificios e algúns hórreos. Tamén se poden ver
varios montes. Preto do mar hai unha praia con moitas rochas. O ceo está
solleiro aínda que hai algunha nube. É unha zona de costa con algúns
acantilados. A cor principal é a azul. A paisaxe é alegre.
Sería un bo sitio
para pasar un día coa familia. Parece un sitio moi chulo. Gústame moito. A miña
puntuación é de 5 estrelas.
DESCRICIÓN
DE PAISAXE
É fermoso!!!
HUGO. G. F
No hay comentarios:
Publicar un comentario