martes, 28 de diciembre de 2021
lunes, 1 de noviembre de 2021
SAMAÍN - CONXURO PARA APROBAR
CONXURO PARA APROBAR
NENOS, NENAS, MESTRES E MESTRAS. AXUDANTES, COCIÑEIROS E COCIÑEIRAS,
SEÑORAS DA LIMPEZA E ESPÍRITOS DAS NEVOADAS VEIGAS.
PORCOS,
CHURRAS E BECERRAS, FEITIZOS DAS GANDEIRAS. POBRES CABAZAS FURADAS, FOGAR DOS
VERMES E ALIMAÑAS.
LUME DO FORNO DE JOSÉ LUIS, MAL DE OLLO DE JULIO, NEGROS MEIGALLOS, CHEIRO
DOS MORTOS, TRONOS E RAIOS.
OUVEO DO
LOBO, PREGÓN DA MORTE, FOCIÑO DO PORCO E PÉ DE COELLO.
PECADORA GALIÑA CASADA CO VELLO RAPOSO. AVERNO DO COLEXIO DO MESÓN DO
VENTO.
LUME DAS
CACHARELAS DE SAN XOÁN, PEIDOS CHEIRENTOS DOS CUS, RUXIDO DOS NENOS E NENAS AOS
QUE MORDEU UN CAN.
BARRIGA DO GORDO DO DEMO E DOS GATOS QUE ANDAN NA CANCELA.
POBRES DOS
NENOS DO COLEXIO QUE ESTÁN MIRANDO POLA XANELA.
CON ESTE CONXURO LEVANTAREI AS ALMAS DOS NOSOS ANTIGOS AMIGOS QUE FORON A
ESO
E FUXIRÁN
TODAS AS BRUXAS CO MEDO AO FEO ALUMNADO DE SEXTO.
0ÍDE, OÍDE! OS RUÍDOS INFERNAIS DOS CHEIRENTOS BAÑOS E ABRIDE AS VENTÁS PARA QUE ENTREN OS ESPÍRITOS ESTRAÑOS.
FORZAS DO
AR, TERRA, MAR E LUME, A VÓS FAGO ESTA CHAMADA.
SI É VERDADE QUE TENDES MÁIS PODER QUE OS MESTRES E MESTRAS DO MESÓN DO
VENTO
FACEDE QUE
OS ESPÍRITOS DOS NOSOS ANTIGOS AMIGOS NOS APROBEN A TODOS E NOS DEIXEN PARTIR
SEN MÁIS MIRAMENTO.
martes, 22 de junio de 2021
TAREFAS PARA O VERÁN
TAREFAS PARA O VERÁN
-
Ler antes de ir para a
cama 15 a 20 minutos ou durante calquera momento do día.
- Intentar resumir o que se
vai lendo por capítulos ou apartados. Utilizade unha libreta pequena ou axenda para facelo.
-
Facer 1 ou 2 divisións
coas súas correspondentes probas todos os días.
- Facer todos os días (de
luns a venres) 2 fichas a escoller de todas as propostas que aparecen nos
seguintes enlaces. Unha de matemáticas e outra de lingua galega ou lingua
castelá.
https://safaquinto.wordpress.com/actividades-para-repasar-en-verano/
https://www.educa2.madrid.org/web/recursosquintoprimaria/cuadernillos-verano
https://mestreacasa.gva.es/web/manes_mil/24
https://www.colegiosanagustin.net/actividades-verano-primaria/
XOGOS
Repasando con xogos interactivos.
http://roble.pntic.mec.es/arum0010/
http://www.cristic.com/5o-y-6o-de-primaria/
https://vedoque.com/sec.php?s=2
Blog para sexto, pero moitos exercicios son de 5º.
https://luisamariaarias.wordpress.com/
Estes enlaces ao longo das vacacións poden aumentar para ter máis
opcións.
O fin de semana é para descansar. As tarefas son opcionais. Ninguén está
obrigado a facelas.
domingo, 9 de mayo de 2021
OBRAS DE TEATRO
Comezamos cas obras de teatro e parece que temos grandes actores e actrices. Esperamos que vos gusten!. Para ver as obras só teredes que facer clic sobre cada foto.
Son dúas obras repetidas varias veces porque cambian os actores e actrices.
A CLASE DE CEBOLIÑO
sábado, 1 de mayo de 2021
CONTOS
AGORA VAMOS A VER AS HISTORIAS INVENTADAS POLO ALUMNADO DE 5º. AO FINAL DELAS TEDES UNHA SERIE DE PREGUNTAS PARA SABER SE ESTIVESTES BEN ATENTOS AS LECTURAS
CÉSAR
martes, 23 de febrero de 2021
OS NOSOS AMORODOS
FIN DE PRIMARIA
Deséxovos un bo verán. Grazas por ser un grupo tan especial.
-
Seguimos coas nosas exposicións. Agora tócalle a Daniel. Vainos a falar do mundo do MOTOCROOS. Creo que se segue así teremos pronto un gran...
-
_Ola! _Bos días! _Ola! _Boas tardes! _Ola! _Boas noites! _Que tal? _Ben. _Que tal? _Mal. _Que tal? _Máis ou menos. _Cal é...