Este ano iniciamos a nosa andaina nos bancais do colexio plantando berzas . É un proceso longo que comeza ca recollida da semente das plantas do ano anterior. Tal e como se pode ver na fotografía na parte superior da planta aparecen unhas vainas estreitas nas cales está a semente. 
Preparamos a terra. Este ano o alumnado non o fixo porque a época de sementar foi anterior ao comezo do curso. Débese facer na última semana de agosto cando a Lúa está na fase decrecente.
Sementamos e fertilizamos a terra e despois das primeira chuvias comezan a saír as primeiras plantas.
A medida que pasan as semanas as plantas van medrando. Este foi o estado das mesmas cando chegou o alumnado ao centro ao principio do curso. 
Un mes despois de sementar xa comezan a coller forza as nosas plantas.

Pasados uns meses xa podemos  plantar a horta. O primeiro é escoller as mellores plantas e eliminar todo o que non nos faga falta.
Cando xa teñamos todo limpo xa podemos plantar as coles máis grandes para poder ter unha boa horta.